Test de Enfermería nº 37 [Test en Galego]
SERGAS - SERVICIO GALLEGO DE SALUD
Enfermeira Especialista en Saúde Mental - 2009 - Parte 2


 

56. Entre as habilidades mínimas que todo profesional de enfermaría debe poñer en práctica destacan todas as seguintes, agás:

Presentación persoal
Uso de expresións claras e facilitadoras
Uso de termos técnicos e de alto contido emocional
Mostrar empatía e dispoñibilidade
Resultado:

57. Con respecto á conduta adaptada e desadaptada pódese afirmar que:

A conduta adaptada é sinónimo de ausencia de estrés
O estrés leva a condutas desadaptadas
Eliminar os estresores supón a oportunidade dun crecemento persoal
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

58. Segundo o Plan Estratéxico de saúde mental de Galicia 2006-2011, as USM son dispositivos básicos, polo tanto:

a) Son o eixe no que se estrutura o modelo comunitario de atención á saúde mental
b) Deberán dar cobertura a toda a poboación con accesibilidade apropiada (isócrona menor dunha hora)
c) Son dispositivos complementarios
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

59. Pregunta

Respuesta 1
Respuesta 2
Respuesta 3
Respuesta 4
Resultado:

60. Pregunta

Respuesta 1
Respuesta 2
Respuesta 3
Respuesta 4
Resultado:

 

 

61. Pregunta

Respuesta 1
Respuesta 2
Respuesta 3
Respuesta 4
Resultado:

62. No caso de que un paciente presente narcolepsia, administraránselle:

Anfetaminas
Antidepresivos
Neurolépticos
Todas as respostas son correctas
Resultado:

63. ¿Cal das seguintes intervencións de enfermaría NON corresponde á fase de preparación do paciente para TEC na unidade de hospitalización?

Monitorización electrocardiográfica e electroencefalográfica
Retirada, se procede, de maquillaxe e laca de uñas
Control de constantes vitais
Asegurar, se é posible, o baleirado de vexiga
Resultado:

64. Na fase post- TEC, ¿cal das seguintes afirmacións NON é correcta?

Verificar o estado de conciencia
Repouso absoluto durante 24 horas
Rexistrar a resposta do paciente ao tratamento
Toma e rexistro de constantes vitais
Resultado:

65. Cando se produce unha axitación psicomotriz na unidade de hospitalización o prioritario será garantir a seguridade de:

Paciente
Resto de pacientes
Persoal
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

66. Nunha urxencia psiquiátrica valórase:

Intensidade da crise
Grao de angustia
Nivel de perigo
Todas as respostas son correctas
Resultado:

67. Nun paciente con demencia que presenta alteracións senso-perceptivas, as actividades de enfermaría van dirixidas a:

Lograr que o paciente comunique as súas necesidades básicas
Lograr o máximo nivel de independencia en actividades de autocoidado
Lograr unha interpretación axeitada dos acontecementos
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

68. Cando unha persoa, a través da súa conduta, manifesta a intención de suicidarse pero non o concreta, fálase de:

Intención de suicidio
Tentativa de suicidio
Idea de suicidio
Risco de suicidio
Resultado:

69. Son efectos secundarios que se poden producir no tratamento con antipsicóticos de longa duración:

Sentirse adormecido pola mañá
Dificultade extrema para mexar
Dificultade para tragar
Todas as respostas son correctas
Resultado:

70. Nun paciente con diagnóstico médico de demencia, ¿que patrón funcional podería verse alterado?

Nutricional-metabólico
Percepción-control da saúde
Eliminación
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

 

 

71. Nun paciente con depresión, ¿que intervención de enfermaría sería aplicable?

Apoio emocional
Dar esperanza
Control do humor
Todas as respostas son correctas
Resultado:

72. Nun paciente con risco de violencia dirixida a outros, ¿que intervención de enfermaría sería aplicable?

Axuda para o control do enfado
Modificación da conduta
Illamento
Todas as respostas son correctas
Resultado:

73. Nun paciente con demencia, ¿cal das seguintes actividades de enfermaría NON é correcta?

Incluír á familia na planificación de coidados
Reducir os momentos de estrés, evitando situacións que se saian da rutina diaria
Intentar que o paciente sexa o máis dependente posible
Manter un ambiente tranquilo
Resultado:

74. Un individuo que acode á Unidade Asistencial de Drogodependencias para solicitar orientación e tratamento en relación cun abuso/dependencia a opiáceos accederá inicialmente a un Programa de:

Orientación e acollida
Tratamento con derivados opiáceos
Orientación e tratamento de prevención de recaídas
Programa de desintoxicación
Resultado:

75. Na rede Asistencial de Drogodependencias un paciente remitirase á unidade de día dende:

a) A Unidade Asistencial de Drogodependencias de referencia
b) A Unidade de Saúde Mental de referencia
c) O Centro de Saúde que lle corresponda
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

 

 

76. Os aspectos máis importantes que o/a enfermeiro/a debe valorar ante un paciente cunha enfermidade crónica son:

As limitacións existentes para afrontar a incapacidade
A vivencia da incapacidade por parte do paciente e da súa familia
O tipo de enfermidade e as súas implicacións na vida do paciente
Todas as respostas son correctas
Resultado:

77. Nunha unidade de coidados especiais o/a enfermeiro/a deberá valorar:

a) As afeccións do paciente
b) O estado das funcións psíquicas
c) O seu propio nivel de ansiedade
d) As respostas B) e C) son correctas
Resultado:

78. ¿Que síntomas presenta un neno con trastorno por déficit de atención con hiperactividade?

Síntomas de desatención
Síntomas de hiperactividade
Síntomas de impulsividade
Todas as respostas son correctas
Resultado:

79. As intervencións de enfermaría en nenos con problemas de saúde mental céntranse en:

Proporcionar asistencia holística nun ámbito que favoreza o crecemento e desenvolvemento do neno
Dar cobertura ás necesidades físicas e emocionais básicas
Dar oportunidades para que cada neno se desenvolva e creza e fomentar as actividades lúdicas
Todas as respostas son correctas
Resultado:

80. Na fase de deshabituación da heroína, o plan de coidados consiste principalmente en:

A relación co terapeuta
A ocupación do tempo libre
A hixienización dos hábitos e control da asistencia
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

CASO PRÁCTICO

Varón de 35 anos que chega á consulta do centro de Saúde Mental, refire encontrarse triste, apático e non sabe que lle pasa. Con diagnóstico médico de arteroesclerose, percíbese exceso de peso corporal. Fumador de máis de 25 cigarros/día, bebedor habitual e consumidor esporádico dalgunhas drogas. Dificultade nas relacións familiares.

81. Na atención de enfermaría a este paciente planifícase un cambio nos seus hábitos alimenticios polo que a súa dieta NON debe incluír os seguintes alimentos:

Carnes graxas
Embutidos
Leite enteiro
Todas as respostas son correctas
Resultado:

82. Realizóuselle o IMC e obtívose como resultado a cifra de 34:

Atópase nos parámetros de obesidade mórbida
Atópase nos parámetros de obesidade
Atópase nos parámetros de normopeso
Atópase nos parámetros de sobrepeso
Resultado:

83. O paciente presenta síndrome de abstinencia de alcohol, que se manifesta por:

Insomnio
Tremor distal de mans
Irritabilidade
Todas as respostas son correctas
Resultado:

84. Os datos de laboratorio máis indicativos do consumo de alcohol son:

Encimas hepáticas elevadas
Niveis de glicosa baixos
Niveis de colesterol elevados
Todas as respostas son correctas
Resultado:

85. ¿Que signos NON aparecen durante a síndrome de abstinencia da nicotina?

Falta de apetito
Alteración do sono
Irritabilidade, agresividade
Humor inestable
Resultado:

 

 

86. ¿Que actividades están presentes durante a intervención de enfermaría no proceso de cambio respecto ao tabaquismo?

Realizar terapia motivacional paralela
Negociar data fixa de abandono de consumo de tabaco
Información e apoio na terapia substitutiva da nicotina
Todas as respostas son correctas
Resultado:

87. O paciente inicia terapia de apoio ante as dificultades na relación coa súa familia. O rol profesional do persoal de enfermaría é:

Servir de apoio ao paciente, familia e demais membros do equipo multidisciplinar
Actuar como educador, participando nos programas centrados nos desaxustes emocionais
Asesorar sobre dúbidas, temores, medos dando resposta á necesidade do paciente/familia
Todas as respostas son correctas
Resultado:

88. En relación coa terapia familiar, ¿cal das seguintes afirmacións NON é correcta?

A familia necesita certos acordos que determinen os patróns de interacción entre os seus membros
O obxectivo será non modificar a estrutura e patróns de interacción
Cando un membro da familia ten un problema, o resto sofre as consecuencias
A adaptabilidade familiar depende dos límites4
Resultado:

89. Varón de 35 anos, solteiro que convive coa súa familia de orixe e presenta diagnóstico médico de esquizofrenia paranoide. No momento do ingreso presenta aspecto sucio, mirada temerosa, actitude desconfiada e delgadeza extrema. A súa familia refire que só come comida envasada por medo a que o envelenen, deixou de tomar o tratamento e non saía do seu cuarto. Conta con bo apoio familiar. Elixa os diagnósticos de enfermaría máis axeitados:

Incumprimento do tratamento, trastorno dos procesos de pensamento e déficit de autocoidados
Incumprimento do tratamento, déficit de autocoidados e control da ansiedade
Incumprimento do tratamento, control das alucinacións e déficit de autocoidados
Todas as respostas son correctas
Resultado:

CASO PRÁCTICO

Paciente con diagnóstico médico de trastorno bipolar en fase maníaca que no momento do ingreso está verborreica, con fuga de ideas e conduta desinhibida e que ten ideas megalomaníacas de riqueza e poder que non se axustan á súa realidade.

90. As intervencións de enfermaría deben dirixirse a:

a) Estimulala a que exprese as súas ideas reforzando as ideas ilusorias durante o día
b) Facilitarlle o sono, tanto diúrno como nocturno
c) Mellorar o sono ampliando o tempo de vixilia para conseguir unha duración do sono nocturno ininterrompido de 8-9 horas
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

 

OPOSITOLANDIA

 

91. As recomendacións á alta incluirán:

a) Insistir na importancia dunha boa hixiene do sono e unha vida organizada tanto nos hábitos alimenticios coma nas horas de descanso e ocio
b) Fomentar actividades do seu agrado como ir de compras, saídas nocturnas e deportes
c) Realizar un seguimento de desenvolvemento dos seus pensamentos por se volven aparecer ideas delirantes
d) As respostas A) e C) son correctas
Resultado:

92. No caso anterior son diagnósticos de enfermaría:

Desempeño dun rol maníaco
Control do pensamento distorsionado
Trastornos dos procesos de pensamento
Trastorno bipolar
Resultado:

93. Na intervención "control das alucinacións" o correcto é:

a) Establecer unha relación persoal que facilite discutir e reforzar ideas ilusorias
b) Manter unha rutina diaria coherente implicando o paciente en actividades baseadas na realidade
c) Rexistrar condutas que indican alucinacións
d) As respostas B) e C) son correctas
Resultado:

94. Elixa a resposta correcta relativa a " incumprimento do tratamento":

a) Constitúe a intervención máis frecuente de enfermaría
b) É o diagnóstico médico máis frecuente en pacientes esquizofrénicos
c) Relaciónase co NOC "conduta de cumprimento"
d) As respostas B) e C) son correctas
Resultado:

95. Para aumentar o afrontamento, o paciente:

Non debe coñecer o seu diagnóstico nin o prognóstico da súa enfermidade
Debe ter información obxectiva do diagnóstico, tratamento e prognóstico da súa enfermidade
É indiferente que coñeza ou non a súa enfermidade
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

CASO PRÁCTICO

Un neno de 7 anos acode a un centro especializado acompañado da súa nai, que manifesta a súa preocupación pola incapacidade que ten o seu fillo de permanecer na mesma actividade máis de cinco minutos; non pon atención cando se lle fala e leva algo máis dun mes que, de forma máis continua, se mexa polas noites en cama.

96. Sinale qué problemas derivan dunha alteración da atención e da incapacidade para realizar e rematar unha actividade:

Rendemento escolar baixo
Manifestación de condutas agresivas e de rebeldía
Signos que alertan dun estado depresivo
Todas as respostas son correctas
Resultado:

97. ¿Que actuacións son correctas para abordar o problema da micción nocturna?

Manifestar a nosa comprensión e preocupación tanto aos pais coma ao neno
Educar os pais para un adestramento axeitado
Derivar a centros especializados se se detecta psicopatoloxía infantil severa
Todas as respostas son correctas
Resultado:

98. Muller de 80 anos que chega ao servizo de urxencias procedente do seu domicilio, acompañada do seu marido e fillo. O seu estado anímico tende á tristura, sen patoloxía física aparente, deixou de facer cousas coas que antes gozaba. Debido á súa idade decídese facer unha valoración xeriátrica. ¿Cal das seguintes afirmacións NON é correcta?

A valoración xeriátrica axúdanos a coñecer mellor a situación actual da paciente
Con esta valoración podemos situar á paciente no medio máis axeitado
Increméntanse os custos sanitarios
Redúcese significativamente a mortalidade cando se compara cun grupo control
Resultado:

CASO PRÁCTICO

Mozo de 24 anos, solteiro con parella estable, acode ao centro solicitando axuda por dificultades relacionadas coa súa vida sexual.

99. Sinale as principais causas de disfunción sexual:

Fallo na aprendizaxe, falta de información
Causas relacionadas coa educación recibida
Experiencias sexuais traumáticas
Todas as respostas son correctas
Resultado:

100. Durante a entrevista o paciente verbaliza ter certo conflito referente á súa inclinación sexual. ¿Que escala utilizariamos?

a) Escala de Kinsey
b) Escala de Storms
c) Escala de Barthel
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

 

OPOSICIONES SANIDAD

 

101. O paciente está preocupado ante o risco dun contaxio por VIH. ¿Cales son as vías de transmisión?

Sangue, produtos plasmáticos contaminados
Seme e secrecións vaxinais
Picaduras de insectos
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

102. A limpeza dunha superficie con restos de sangue dun paciente VIH positivo, realizarase:

Con auga e xabón e secado con toalla de papel
Con alcohol de 90º e secado con toalla de papel
Con lixivia diluída ao 1% e secado con toalla de papel
Con povidona iodada
Resultado:

103. ¿Que afirmación en relación coa ludopatía NON é correcta?

O xogo patolóxico é un trastorno do control de impulsos
A ludopatía non interfire no funcionamento normal da vida laboral, social e familiar
Existe fracaso repetido dos esforzos para controlar, interromper ou deter o xogo
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

104. Nun paciente pirómano, a abordaxe terapéutica de tipo psicoanalítico ofrece escasos resultados. ¿Cales son as causas?

Complicacións legais
Falta de motivación do paciente para o tratamento e falta de introspección
Conduta asociada de abuso de consumo de alcohol
Todas as respostas son correctas
Resultado:

105. O persoal de enfermaría debería compartir a experiencia do dó cos seres queridos da persoa falecida, pero debe recordar que o seu obxectivo fundamental é:

Elaborar o seu propio dó
Dar apoio aos que sofren o dó
Atender ao corpo do defunto
Encher a documentación da defunción
Resultado:

 

 

106. No plan de coidados dun paciente terminal, a angustia familiar implica ter en conta unhas actividades. Sinale as correctas:

a) Informar axeitadamente sobre a evolución probable dos síntomas
b) Ofrecer dispoñibilidade para fomentar a confianza do paciente e a súa familia
c) Reavaliar só os profesionais o plan terapéutico e a revisión dos síntomas
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

¿Quieres hacer este test en tu móvil?... PINCHA AQUÍ

    

[Inicio] [Guía Rápida] [Protocolos] [Trabajos] [Sesiones] [Test Online] [Congresos] [Bases Datos] [Colegios] [Escuelas] [Sociedades] [OPEs]

    

Todos los Test Online clasificados por Servicios de Salud

    

Este sitio web emplea cookies de terceros como ayuda para prestar servicios y, al utilizarlo, estás aceptando su uso...  +INFO

Aviso Legal