Test de Matronas
O.P.E. 2009 SERGAS - Servicio Gallego de Salud - Parte 2 [Test en Galego]


 

56. NOS PARTOS ATENDIDOS NO ANO 2005 EN ESPAÑA, A TAXA DE CESÁREAS FOI DO:

18%
20%
25%
30%
Resultado:

57. O ESTRÓXENO NATURAL BIOLOXICAMENTE MÁIS ACTIVO DENOMÍNASE:

Estradiol
Estrona
Estriol
Estradiona
Resultado:

58. ¿QUE É A SÍNDROME DE MCCUNE-ALBRIGHT?

O 11% das nenas con puberdade precoz teñen un tumor ovárico, produtor de estróxenos
Estímase que os cambios hormonais, serían debidos a unha estimulación dos receptores foliculares do ovario, polo aumento de TSH
Caracterizado por unha tríade típica: puberdade precoz, manchas cutáneas de cor café con leite, de diferentes formas e tamaños e displasia fibrosa poliostótica
Tumores produtores de HCG: disgerminoma de ovario, hepatoblastoma...
Resultado:

59. ¿A CAL DAS SEGUINTES ESTRUTURAS SE LLE ATRIBÚE O PAPEL MÁIS EFECTIVO NA FUNCIÓN DE BARREIRA?

Parede do capilar vellositario
Mesenquima da peluxe
Citotrofoblasto
Membrana basal do trofoblasto
Resultado:

60. AO PUNTUAR OS INDICADORES E OS RESULTADOS DUN PACIENTE EN RESPOSTA ÁS INTERVENCIÓNS DE ENFERMARÍA, UTILIZANDO A CLASIFICACIÓN DE RESULTADOS DE ENFERMERÍA (NOC):

Utilízase unha escala tipo Likert de 5 puntos (de 0 a 4)
O "0" reflicte a peor puntuación posible
O "4" indica que o problema se resolveu
Utilízase unha escala tipo Likert de 5 puntos (de 1 a 5)
Resultado:   Pregunta Anulada por el Tribunal

 

 

61. UN GRAO DE PAPANICOLAU III SIGNIFICA:

Inflamatorio
Atrófico
Dubidoso
Precancerigeno
Resultado:   Pregunta Anulada por el Tribunal


ANA, G1 P0 DE 27 ANOS DE IDADE ATÓPASE NA SEMANA 42 DE XESTACIÓN DE ACORDO CON CRITERIOS AXEITADOS DE DATADO. AÍNDA QUE RECIBIU VIXILANCIA PREPARTO NORMAL, EN DATA RECENTE OBSERVOU DIMINUCIÓN DOS MOVEMENTOS FETAIS. DEBIDO A ISTO, SÉNTESE PREOCUPADA E SOLICITA AO SEU OBSTETRA A INDUCIÓN DO TRABALLO DE PARTO. A EVOLUCIÓN PRENATAL FOI NORMAL E OS ANTECEDENTES MÉDICOS E CIRÚRXICOS SON NEGATIVOS. HAI DILATACIÓN DO COLO UTERINO DE 2 A 3 CM, BORRAMENTO DE COLO E PRESENTACIÓN LIBRE. O COLO UTERINO ESTÁ EN POSICIÓN INTERMEDIA E É BRANDO.

62. TODA MULLER DURANTE A XESTACIÓN, O PARTO E O PUERPERIO, TERÁ OS SEGUINTES DEREITOS (SINALAR A RESPOSTA FALSA):

A ser tratada co máximo respecto, corrección, comprensión e de forma individual e personalizada
Á confidencialidade e sixilo respecto dos seus datos persoais e sanitarios
Ao parto natural
A permanecer acompañada en certos momentos, que os profesionais determinarán
Resultado:

63. A CAPACIDADE PARA "POÑERSE NO LUGAR DO OUTRO" E LOGRAR ENTENDER POLO QUE ESTÁ A PASAR DENOMÍNASE:

Asertividade
Respecto
Empatía
Todas as respostas son correctas
Resultado:

64. É IMPORTANTE QUE NUNHA MATERNIDADE HOSPITALARIA CONTE CON (SINALE A RESPOSTA FALSA):

Unha vía clínica de atención ao parto e puerperio hospitalario
Información por escrito sobre lactación materna baseada nos "dez pasos para unha lactación feliz" (UNICEF/OMS 1989)
Un xinecólogo, un anestesista e un pediatra dispoñibles de forma precoz por se xorden complicacións
Unha matrona por cada tres mulleres en proceso de parto
Resultado:

65. O CRITERIO DE EMBARAZO PROLONGADO ESTABLÉCESE BASICAMENTE POR:

Amnioscopia
Amniocentesis
Determinacións hormonais
Criterio cronolóxico
Resultado:

 

 

66. NO CASO DE ANA O BORRAMENTO DE COLO É CON RESPECTO Á DILATACIÓN:

Previo
Simultaneo
Posterior
Depende da evolución do parto
Resultado:

67. O PLANO DE HODGE QUE COINCIDE CO BORDO INFERIOR DA SÍNFISE PÚBICA CORRESPONDE AO:

I plano
II plano
III plano
IV plano
Resultado:

68. INDICAREMOS A ANA QUE A POSTURA MÁIS FAVORABLE PARA A EVOLUCIÓN DA SÚA DILATACIÓN DEBE SER:

Decúbito supino
Decúbito lateral dereito
Semisentado
Deambulación
Resultado:

69. NA CUALIFICACIÓN DE BISHOP, ¿CALES SON OS SEUS COMPOÑENTES?

Taquisistolia, bradisitolia e hipersistolia
Taquisistolia, bradisitolia, hipersistolia e incoordinación uterina
Hipotonia, hipertonia, bradisitolia e hipositolia
Dilatación, borramento, plano, consistencia e posición do colo uterino
Resultado:

70. OS MÉTODOS DE INDUCIÓN DE TRABALLO DE PARTO ABRANGUEN:

Administración de oxitocina
Despegamento de membranas
Amniotomia
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

 

 

71. CANDO A INTENSIDADE DAS CONTRACCIÓNS E AS PAUSAS INTERCONTRACTILES SON MOI VARIABLES FÁLASE DE:

Taquisistolia
Bradisistolia
Hipersistolia
Incoordinación uterina
Resultado:

72. PARA O TRATAMENTO DA INCOORDINACIÓN UTERINA PÓDENSE EMPREGAR OS SEGUINTES FÁRMACOS OU TÉCNICAS, A EXCEPCIÓN DE:

Oxitocina
Hidratación e deambulación
Analxésicos
Anestesia rexional raquídea
Resultado:

73. NON É UN PERIGO DA OXITOCINA:

Provocar contraccións excesivas
Rotura uterina
Sufrimento fetal
Shock anafiláctico
Resultado:

74. O DECÚBITO LATERAL EMPRÉGASE NAS DISTOCIAS DINÁMICAS, PORQUE:

Diminúe o ton uterino
Espaza a frecuencia das contraccións
Mellora a coordinación uterina
Todas as respostas son correctas
Resultado:

75. ¿CAL DAS SEGUINTES COMPLICACIÓNS PODE APARECER NUNHA DESPROPORCIÓN PÉLVICO-CEFÁLICA?

Atraso da dilatación
Prolapso de cordón umbilical
Alteracións da dinámica uterina
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

76. SON INDICACIÓN DO ESTUDIO DO EQUILIBRIO ACIDOBÁSICO:

Frecuencia cardíaca fetal normal
Hiposistolia
Liquido amniotico meconial
Fallo de indución
Resultado:

77. UNHA VEZ ESTABLECIDO O SUFRIMENTO FETAL PARA A RECUPERACIÓN INTRAPARTO DESTE NON ADOITA UTILIZARSE:

A administración de glicosa
O decúbito lateral
A administración de osixeno
A retirada de goteo de oxitocina
Resultado:

78. É SIGNO DE DESPRENDEMENTO PLACENTARIO:

a) Saída de sangue pola vaxina
b) Percepción, pola parturiente, de contraccións uterinas dolorosas
c) Elevación do cordón a través da vulva
d) As respostas A e B son correctas
Resultado:

79. A RELACIÓN ENTRE O PESO DA PLACENTA E O PESO DO FETO É DE:

1/2
1/3
1/5
1/8
Resultado:

80. ¿CAL DOS SIGNOS E SÍNTOMAS SEGUINTES NON É CARACTERÍSTICO DE ANOXIA NEONATAL?

Palidez
Distrés respiratorio
Cianose
Estridor
Resultado:

 

 

81. A PARTICIPACIÓN DA FAMILIA EN TODO O PROCESO DE ATENCIÓN HOSPITALARIA DO PARTO NON IMPLICA:

Facilitar a presenza dun acompañante durante a consulta obstétrica
A presenza dun acompañante elixido pola muller durante o traballo de parto e parto
Non separar nunca a nai do RN se este é san
Acceso libre dos familiares o servizo de Neonatología se o RN debe permanecer ingresado
Resultado:

82. AS CATARATAS NO RECÉN NACIDO ESTÁN FRECUENTEMENTE ASOCIADAS Á INFECCIÓN POR:

Hepatite B
Listeriose
Rubeola
Citomegalovirus
Resultado:

83. A PRODUCIÓN DE LEITE MATERNO REALÍZASE EN:

As células mioepiteliais
Os seos lactiferos
Os condutos galactoforos
Os alvéolos
Resultado:

84. O MECANISMO QUE INTERVÉN NA SEPARACIÓN PLACENTARIA É:

a) Mecanismo de Baudelocque-Schultze
b) De Pinaud
c) De Duncan
d) As respostas A e C son correctas
Resultado:

85. ANTE UNHA HEMORRAXIA POR ATONÍA UTERINA, A MEDIDA MÁIS INMEDIATA A ADOPTAR SERÁ:

Masaxe uterina
Administración de expansor de plasma
Transfusión sanguínea
Todas as respostas son correctas
Resultado:

 

 

86. POSIBLES CAUSAS DUNHA INCORRECTA INVOLUCIÓN UTERINA SON:

Coriocarcinoma
Retención de membranas
Infección puerperal
Todas as respostas son correctas
Resultado:

87. A VIXILANCIA CLÍNICA DO PUERPERIO COMPRENDE:

Control de TA e Tª
Vixilancia da formación e persistencia do globo de seguridade
Vixilancia de perda hemática por xenitais
Todas as respostas son correctas
Resultado:

88. A FORMA DE INFECCIÓN PUERPERAL, MÁIS FRECUENTE, É:

Tromboflebite
Pelviperitonite
Endometrite
Anexite
Resultado:

89. ¿CAL DAS SEGUINTES ENTIDADES TEN MÁIS TENDENCIA A MANIFESTARSE EN FORMA DE HEMORRAXIA TARDÍA NO POSTPARTO?

Atonía uterina
Retención dun cotiledón placentario
Inversión uterina
Todas as respostas son correctas
Resultado:

90. O SIGNO MÁIS FRECUENTE DA TROMBOSE VENOSA PROFUNDA ( T.V.P) É:

Edema distal
Aparición do cordón profundo palpable
Certo grao de impotencia funcional
Signo de Homans
Resultado:

 

OPOSITOLANDIA

 

91. SEGUNDO SEGO, EN CASO DE PARTO CON ANALXESIA, A PRIMEIRA MICCIÓN DEBE ACONTECER:

Antes das 6-8 horas do parto
Espontaneamente
Sondarase sistematicamente, ao chegar a planta de hospitalización
Antes das 2 horas do parto
Resultado:

92. ¿CAL DAS SEGUINTES CONDICIÓNS DEBE DARSE, PARA A ALTA HOSPITALARIA OBSTÉTRICA POSTPARTO?

a) Lactación materna instaurada
b) Perineo e canle do parto revisados
c) Paciente apirética dende 48 horas previas á alta
d) As respostas B e C son correctas
Resultado:

93. NA VISITA PUERPERAL DO 3º-4º DÍA POSTPARTO, SEGUNDO A GUÍA TÉCNICA DO PROCESO DE ATENCIÓN AO PARTO NORMAL E PUERPERIO DA XUNTA DE GALICIA, DÉBESE VALORAR A NECESIDADE DE REMITIR A NAI AO ESPECIALISTA EN CASO DE:

Molestias importantes, en episiotomía ou hemorroides
Cansazo
Temperatura corporal 37º-38º
Nunca, a matrona debe solucionar calquera problema
Resultado:

94. ¿QUE É O INFORME DE ENFERMARÍA Á ALTA?

É un documento cuia finalidade é a transmisión de información relevante para o coidado do paciente entre as enfermeiras de ambos os dous niveis asistenciais, para garantir a axeitada transferencia de información e garantir a continuidade dos coidados
É un documento onde a enfermeira atende cada persoa coma se fose única
É un documento cuia finalidade é completar a información médica que se atopa no informe de alta
É un documento onde a enfermeira prové a carteira de servizos
Resultado:

95. O PESO NORMAL DO ÚTERO, AO FINAL DO PUERPERIO, É APROXIMADAMENTE DE:

300-400 grs.
120-140 grs.
60-80 grs.
30-40 grs.
Resultado:

 

 

96. Á TRISTURA PUERPERAL TAMÉN SE LLE DENOMINA:

Psicose puerperal
Melancolía da maternidade
Fraxilidade emocional
Non ten outra denominación
Resultado:

97. ¿QUE VANTAXE OFRECE A CONSULTA CORRESPONDENTE AO EXAME POSNATAL, TANTO AO OBSTETRA COMA Á PACIENTE?

a) Realizar unha citoloxía cervicovaxinal, para o diagnóstico precoz do cancro, se non a ten no último ano
b) Planificar algún tipo de contracepción, se así deséxao a señora
c) Valorar o momento dun novo embarazo
d) As respostas A e B son correctas
Resultado:

98. EN CASO DE PSICOSE PUERPERAL EN NAI LACTANTE, SEGUNDO SEGO 2008:

Pode continuar coa lactación
Debe interrompela
Non debe tomar ningún medicamento e pode seguir lactar
Todas as repostas son erróneas
Resultado:

99. ¿PARA QUE TIPO DE INCONTINENCIA SE UTILIZAN OS EXERCICIOS DE KEGEL?

Total
Urxencia
Esforzo
Están contraindicados ata pasados 3 meses despois do parto
Resultado:

100. PARA EVITAR OUTRA XESTACIÓN TRAS O NACEMENTO DO SEU BEBÉ, DONA ROSA DECIDE QUE, AÍNDA QUE PRACTIQUE A LACTACIÓN MATERNA, UTILIZARÁ UN MÉTODO HORMONAL. ¿QUE TIPO DE ANTICONCEPTIVO ORAL PODERÁ UTILIZAR?

Combinados monofásicos
Combinados bifásicos
Progestágenos sós
Estróxenos sós
Resultado:

 

OPOSICIONES SANIDAD

 

PREGUNTAS DE RESERVA:

101. OS ANOVULADORES ORAIS ESTÁN CONTRAINDICADOS:

Por enriba dos 30 anos
En caso de enfermidade tromboembólica
Con quistes simples de ovario
En enfermidades de transmisión sexual
Resultado:

102. A MOLESTIA OU DOR Á REALIZACIÓN DO COITO CHÁMASE:

Anorgasmia
Dificultade coital
Falta de libido
Dispareunia
Resultado:

103. EN RELACIÓN COA REALIZACIÓN DA AUTOEXPLORACIÓN MAMARIA, SINALE A RESPOSTA ERRÓNEA:

Débese realizar unha vez ao mes os días seguintes á menstruación
As nulípara non é necesario que o realicen con tanta frecuencia xa que son mulleres de baixo risco
Debe explorarse con maior detemento o cuadrante superior externo xa que é onde se asentan maior número de tumoracións
Débese realizar así mesmo a exploración da mamila
Resultado:

104. UNHA DAS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS ESTÁ ASOCIADA Á DESACELERACIÓN PRECOZ:

Débese a unha diminución de achega de osíxeno ao feto
Prodúcese por compresión da cabeza fetal
É debida a insuficiencia utero-placentaria
Ningunha das anteriores está asociada coa desaceleración precoz
Resultado:

105. ¿CAL DAS SEGUINTES DESACELERACIÓNS DO PATRÓN DA FCF ADOITA IR ASOCIADA A UN VALOR MÁIS BAIXO DO PH FETAL?

Precoces
Variables
Tardías moderadas
Tardías graves
Resultado:

 

 

106. O REFLEXO DE FERGUSON CONSISTE EN:

Estimulación da parede uterina
Estimulación do colo uterino, pola cabeza fetal ou por manipulación
Acción do estrés
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

¿Quieres hacer este test en tu móvil?... PINCHA AQUÍ

    

[Inicio] [Guía Rápida] [Protocolos] [Trabajos] [Sesiones] [Test Online] [Congresos] [Bases Datos] [Colegios] [Escuelas] [Sociedades] [OPEs]

    

Todos los Test Online clasificados por Servicios de Salud

    

Este sitio web emplea cookies de terceros como ayuda para prestar servicios y, al utilizarlo, estás aceptando su uso...  +INFO

Aviso Legal